miércoles, 3 de junio de 2020

2ª parte do Serán de Ribarteme. Partituras. Boletín ETRAD 13

Moi boas, pandeiretísticas!

Esta é a derradeira entrada do blogue por este curso  quería agradecervos moitísimo q estivérades aí e que non vos desvinculárades da escola. Podo falar por parte de todolxs profes se digo que estes meses foron complexos para todxs, pero o que nos moveu para continuar foi o amor á música e o cariño hacia vós. Bótovos de menos, pero estou convencida de que isto rematará e sairemos reforzados. 


Bueno ... Imos co choio! A semana pasada fixemos repaso da primeira parte do Serán de Ribarteme (Xota, Ribeirana e Pasodoble). Pois esta toca repasar a outra mitad: dous pasos, saltadiño e valse.

Deixo aquí os enlaces ás follas das cancións:

Dous pasos de Ribarteme

Saltadiño de Ribarteme

Valse de Ribarteme

E aquí tendes o vídeo para que poidades cantar comigo.

2ª parte do Serán de Ribarteme: Dous pasos, Saltadiño e Valse

Quero que saibades que paseino moi ben este curso con vós. Foi un pracer e disfruteino moito. Agardo vervos o curso que ven.

Pasade un verán excelente e coidádevos moito moito

MILLEIROS de BICOS e GRAZAS por SER e ESTAR

Xela Conde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario