martes, 2 de junio de 2020

1ª parte Serán de Ribarteme. Toques de xota no pandeiro. Boletín ETRAD 12

Moi boas pandeiretísticas!

Esta é a penúltima entrada deste curso ... OOOOH! xa vai rematando e dame peniña

Esta semana toca repaso e aprendizaxe novo.

Por un lado imos repasar a xota, ribeirana e pasodoble do Serán de Ribarteme

Déixovos aquí os enlaces para que descarguedes as follas das cancións:

Xota de Ribarteme

Ribeirana de Ribarteme

Pasodoble de Ribarteme

E aquí tendes o vídeo coas tres para que cantedes comigo:

Serán de Ribarteme 1ª parte


E por outro ... a semana pasada foi o voso primeiro contacto co pandeiro, así que esta semana toca comezar a aprender o toque de xota. No vídeo ven todo explicado: tanto a postura coma localizacións e movemento das mans para facer os tres toques de xota: simple, de cinco e composto.

Aquí tendes o enlace co vídeo explicativo:

Toques de xota no pandeiro

E nada máis por esta semana. Para a próxima máis e mellor. ÁNIMO!

Biquiños positivos!

Xela Conde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario