miércoles, 20 de mayo de 2020

Xota de Barciademera (voz e pandeireta). Exercicio de pandeiro. Boletín ETRAD 11

Moi boas Pandeiretísticas

Agardando que esteades moi ben, imos, sen dilación, a comezar co traballoño para esta semana.

Nas entradas anteriores tendes os toques e máis a melodía e hornamentación da Xota de Barciademera. Estou convencida de que traballáchedes moito e a estas alturas xa sodes capaces de cantar e tocar á vez. Así que vai o vídeo desta fermosa xota xa coa pandeireta acompañando a voz.

Xota de Barciademera. Voz e pandeireta

E, como xa falaramos durante o curso, imos tentar traballar un pouco de pandeiro cadrado (adufe). 

No vídeo que enlazo a continuación explico a postura e un primer exercicio para a primeira toma de contacto co instrumento. Recordade que se non tendes pandeiro podedes facer un cunha caixa de pizza (ou similar) e, se aínda así non o facedes ... bueno ... podedes intentalo cunha carpeta (inda que non sexa o ideal)

Toma de contacto co adufe

Pois por esta semaniña xa está. Para apróxima máis e mellor!

Biquiños grandes de sol!

Xela Conde Fernández

miércoles, 13 de mayo de 2020

Xota de Barciademera 2. Toques para a volta. Melodía e ornamentación. Boletín ETRAD 10

Moi boas pandeiretísticas!

Agardo que sigades ben e que puidérades disfrutar dos paseos.

Eu sigo na casiña para ofreceros máis contido. 

Imos continuar coa Xota de Barciademera. A semana pasada estivemos traballando o toque composto de xota con puño, así que toca o turno agora do que se faría coa pandeireta na parte de volta (entre cada unha das coplas)

Aquí vai un vídeo explicativo:

2ª parte toques de pandeireta Jota de Barciademera

É bastante sinxelo, pero recomento facelo despaciño intentando que os "leite" non se adianten no tempo de 3/4.

E para que vaiades escoitando e probando, tamén tendes un vídeo coa melodía e a súa ornamentación. Escoitade con atención.

Melodía e ornamentación Xota de Barciademera

Xa tendes bastante para traballar esta semana. Ide facendo a modo e con ánimo. A próxima semana xuntamos as dúas cousas.

Mil bicos positivo para todas!

Xela Conde Fernández


martes, 5 de mayo de 2020

Xota de Barciademera. Toques. Boletín ETRAD 9

Moi boas pandeiretísticas

Cómo ides? que tal esa muiñeira de Barciademera? Seguro que xa sae perfecta 

Imos agora coa xota. Mando a folla coa partitura, toques e coplas

Xota de Barciademera

Adxunto tamén o enlace do toque. Imos ir pouco a pouco como na muiñeira para que vaiades traballando e integrando o toque antes de cantar. Aquí tendes un vídeo explicativo.

Xota de Barciademera. Toque

Ide pouquiño a pouco. Verédes que non é tan complicado.

Pois moitos biquiños positivos

Próxima semana máis e mellor!

Xela Conde Fernández