martes, 28 de abril de 2020

Muiñeira de Barciademeta voz e pandeireta. Exercicios de técnica vocal: Belting. Boletín ETRAD 8

Moi boas panderetísticas

Nova semana e un pouco máis de práctica!

Antes de poñernos a cantar, un pouco de exercicio de técnica vocal para seguir perfeccionando o noso belting. Este vídeo está moi ben, inda q hai algunha cousa coa que non estou 100% dacordo (diferentes escolas). En tal caso, penso que vos pode axudar moito.

Belting sen esforzo

E agora sí ... Adxunto o vídeo cantando e tocando a Muiñeira de Barciademera. Despois destas semaniñas seguro que podedes cantar e tocar comigo. ÁNIMO!!!

Muiñeira de Barciademera. Voz e pandeireta

Pois nada máis polo de agora. Próxima semana máis e mellor

Biquiños cheos de positivismo!

Xela Conde Fernández

miércoles, 22 de abril de 2020

Melodía e ornamentación de Muiñeira de Barciademera. Boletín ETRAD 7

Moi boas pandeiretísticas

Esta semana ides comezar a aprender a melodía da Muiñeira de Barciademera.

Neste enlace tendes as coplas, partitura e os toques para practicar

Muiñeira de Barciademera

E no seguinte vídeo tendes a explicación da melodía, ornamentos da voz e tamén o tipo de calidade de voz que temos que empregar para cantala.

Melodía e ornamentación Muiñeira de Barciademera

Seguide traballando o toque para poder xuntalo coa melodía cando a teñades clara. A próxima semana enviarei o vídeo desta muiñeira cantada e tocada para que poidades practicar.

VEÑA! ÁNIMO! 

Xa vai quedando menos

Biquiños

Xela Conde Fernández

miércoles, 15 de abril de 2020

Exercicio Bigrama Muiñeira con puño. Boletín ETRAD 6

Moi boas de novo, panderetísticas!


Esta semana quero que vos centredes en seguir traballando e coller soltura coa muiñeira con puño da zona sur de Galicia.

Neste exercicio volvo a explicar como se fai o toque e engádolle un par de "petos". Imprescindible que o fagades despaciño e con fé. Procurade facer os movementos tal cual aparecen no vídeo. O fixen despacio para que me poidades seguir. E vale máis traballar un ratiño todolos días que darvos unha enchenta de horas un só día, xa sabedes... o que digo sempre ;)

Aquí tendes a folla do exercicio

Exercicio Bigrama Muiñeira con puño

E aquí o vídeo explicativo para poder facelo ben

Vídeo explicación exercicio bigrama muiñeira con puño

Na vindeira semana pasarei a folla coa canción e máis o vídeo da mesma.

MOITO ÁNIMO e BIQUIÑOS!!!

Xela Conde



jueves, 2 de abril de 2020

Muiñeira empuñada dalgunhas zonas do sur de Galicia. Boletín ETRAD 4

Moi boas, pandeiretísticas

Aquí de outra vez para envíar novo material de práctica.

Comezaredes a traballar o toque de muiñeira empuñada empregado nalgúns sitios do sur de Galicia. Toque ben diferente ao que fixéchedes ata agora pero que vos vai servir para un montón de cancións.

Deixo o enlace ao vídeo explicativo para que non teñades ningunha problema en ir traballándoo:

Toque de muiñeira empuñada. Sur de Galicia

Bigrama toque muiñeira empuñada sur de Galicia

Convídovos, tamén, a unha reunión para solventar dúbidas e vernos un pouco a cara. Será o martes 14 de abril ás 18h. Para iso empregaremos unha aplicación moi sinxela que se chama ZOOM.

Este é o enlace para que poidades entrar sen problemas:

Reunión para dúbidas. A.A. PANDERETERIAS

Lembrade que vos podedes poñer en contacto comigo cando queirades mandando un correo á dirección etradlearning@gmail.com

Agardo que sigades ben.

ÁNIMO e a COIDARSE!

Xela Conde Fernández