Moi boas, pandeiretísticas
Aquí de outra vez para envíar novo material de práctica.
Comezaredes a traballar o toque de muiñeira empuñada empregado nalgúns sitios do sur de Galicia. Toque ben diferente ao que fixéchedes ata agora pero que vos vai servir para un montón de cancións.
Deixo o enlace ao vídeo explicativo para que non teñades ningunha problema en ir traballándoo:
Toque de muiñeira empuñada. Sur de Galicia
Bigrama toque muiñeira empuñada sur de Galicia
Convídovos, tamén, a unha reunión para solventar dúbidas e vernos un pouco a cara. Será o martes 14 de abril ás 18h. Para iso empregaremos unha aplicación moi sinxela que se chama ZOOM.
Este é o enlace para que poidades entrar sen problemas:
Reunión para dúbidas. A.A. PANDERETERIAS
Lembrade que vos podedes poñer en contacto comigo cando queirades mandando un correo á dirección etradlearning@gmail.com
Agardo que sigades ben.
ÁNIMO e a COIDARSE!
Xela Conde Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario