Moi boas de novo, panderetísticas!
Esta semana quero que vos centredes en seguir traballando e coller soltura coa muiñeira con puño da zona sur de Galicia.
Neste exercicio volvo a explicar como se fai o toque e engádolle un par de "petos". Imprescindible que o fagades despaciño e con fé. Procurade facer os movementos tal cual aparecen no vídeo. O fixen despacio para que me poidades seguir. E vale máis traballar un ratiño todolos días que darvos unha enchenta de horas un só día, xa sabedes... o que digo sempre ;)
Aquí tendes a folla do exercicio
Exercicio Bigrama Muiñeira con puño
E aquí o vídeo explicativo para poder facelo ben
Vídeo explicación exercicio bigrama muiñeira con puño
Na vindeira semana pasarei a folla coa canción e máis o vídeo da mesma.
MOITO ÁNIMO e BIQUIÑOS!!!
Xela Conde
No hay comentarios:
Publicar un comentario