Moi boas pandeiretísticas!
Como andades? Agardo que con ánimo, positivismo e paciencia.
Supoño q estivéchedes traballando arreo a Jota de Camariñas da semana pasada.
Vou a engadir traballió novo relacionado co Picadiño de Cerdeira:
Aí vos vai o documento coa poliritmia que vimos na última clase:
Poliritmia Picadiño de Cerdeira
Tamén vos mando vídeo coa explicación da poliritmia:
Vídeo explicación da poliritmia do Picadiño de Cerdeira
E por último, outro vídeo cantando o Picadiño para que poidades sumarlle os diferentes instrumentos de percusión e cantar comigo:
Vídeo Picadiño de Cerdeira canto
Nada máis polo de agora. Tocade e cantade moito, q iso aleda moito!
Biquiños mil e moito ánimo!
Xela Conde Fernández
Contidos impartidos na Aula Aberta de Pandereteiras da ETRAD
jueves, 26 de marzo de 2020
viernes, 20 de marzo de 2020
ETRADCOVID19 - A. A. PANDERETEIRAS Contidos da semana do 16 ao 20 de marzo de 2020 (boletín ETRAD 2)
Moi boas lindas
Como o levades? Agardo que ben a pesar de todo.
Como non queremos que o aprendizaxe nin o traballo se paralice estamos ofrecendo por este medio contidos para vós.
Gustaríame que seguírades traballando a Jota de Camariñas, ademáis de repasar todalas anteriores que xa están ben traballadas na clase.
Aquí tendes un enlace coa folla da canción:
Jota de Camariñas
E aquí un vídeo explicativo da outra melodía para o primeiro verso, os toques de toda a canción e un breve resumo.
Jota de Camariñas vídeo canto
Como sodes moi aplicadas seguro que non tendes problema. En tal caso, se quixérades poñervos en contacto comigo para facerme algunha pregunta o podedes facer na direción: xela@sondeseu.org
Por último, unha versión de Pink Roe deste mesmo tema
Pink Roe - Xota da noite. Folk sesions
Un biquiño grande, moito ánimo e coidádevos moito!
Xela Conde Fernández
Suscribirse a:
Entradas (Atom)